martes, 26 de junio de 2018

LETRAS GALEGAS 2018

LETRAS GALEGAS

Na semana das Letras Galegas fixemos diferentes actividades, entre elas tíñamos todos os días lecturas sobre un conto de María Victoria Moreno, coa axuda da mestra de plástica fixemos un mural sobre a autora, tivemos un contacontos ilustrado e aprendimos moito sobre a lingua de signos!



jueves, 12 de abril de 2018

21 DE MARZO DE 2018 DÍA DA POESÍA

DÍA DA POESÍA

Para conmemorar o día da poesía ademáis de traballar a poesía dentro das aulas, fixemos un obradoiro no que inventamos entre todos unha poesía disparatada.






Tamén fixemos un recital de poesía no que participou todo o colexio.


















domingo, 25 de febrero de 2018

O ENTROIDO EN GALIZA

ENTROIDO EN GALIZA

ESTE CURSO, ALGÚNS NENOS E NENAS ESTIVERON PESCUDANDO SOBRE O ENTROIDO NALGUNHAS ZONAS DE GALIZA. SE IDES AO SEGUINTE ENLACE PODEREDES ESCOITAR ALGUNHAS COUSAS QUE DESCUBRIRON.

jueves, 11 de enero de 2018

NADAL EN ESPEDREGADA

UNHAS VERBAS MOI ESPECIAIS NO NADAL

Este Nadal decidimos emprender unha nova tarefa enchendo o cole cunhas verbas moi especiais, coas que pouco a pouco iremos "cociñando con esmero o mundo que nós queremos"



O APALPADOR NO NOSO COLE!!


miércoles, 13 de diciembre de 2017

UN SAMAÍN MÁXICO

Este ano festexamos o noso Samaín dunha forma un pouco diferente, ademáis de disfrazarnos e disfrutar duns postres que daban medo, quixemos engadir un chisco de maxia nese día tan especial, pero... que podíamos facer? Pois crear unha pócima máxica, unha tan coñecida en Galiza como é a QUEIMADA , unha queimada co seu CONXURO!, que os nenos e nenas do CEIP de Espedregada aprenderon e recitaron con moita ilusión. Aquí vos deixo un vídeo do ben que o fixeron!!



Tamén pescudamos sobre a simboloxía nesta época do ano e decubrimos moitas cousas interesantes.


miércoles, 25 de enero de 2017

O Nadal

Xa estamos no frío e chegaron as castañas, celebramos o magosto. Agora con moito gusto, agardamos o Nadal.