miércoles, 13 de diciembre de 2017

UN SAMAÍN MÁXICO

Este ano festexamos o noso Samaín dunha forma un pouco diferente, ademáis de disfrazarnos e disfrutar duns postres que daban medo, quixemos engadir un chisco de maxia nese día tan especial, pero... que podíamos facer? Pois crear unha pócima máxica, unha tan coñecida en Galiza como é a QUEIMADA , unha queimada co seu CONXURO!, que os nenos e nenas do CEIP de Espedregada aprenderon e recitaron con moita ilusión. Aquí vos deixo un vídeo do ben que o fixeron!!



Tamén pescudamos sobre a simboloxía nesta época do ano e decubrimos moitas cousas interesantes.